O Concello de Pontevedra entra de cheo na programación dos actos arredor do 8 de marzo “Crea 8 de marzo”, organizados pola Concellaría de Igualdade e que arranca coa inauguración da exposición “As conquistas do feminismo” na praza da Audiencia. A exposición recolle as conquistas acadadas polas mulleres como o sufraxio, o aborto, a emancipación do matrimonio, o acceso a escolaridade ou os dereitos laborais. É unha exposición feita coa participación de centros educativos e colectivos sociais e estará instalada até o 31 de marzo.
O resto de actividades e actos programados para o mesmo Día internacional da muller son todos de balde e neles terán un especial protagonismo os centros educativos do concello con traballos específicos a prol da igualdade e que se recollen no perfil de facebook Crea 8 de marzo.
- Praza 8 de marzo. 12.00 horas. Concentración. Convocada pola CIG na confluencia das rúas Peregrina, García Camba e Daniel de la Sota, coñecida popularmente como 8 de marzo.
- Teatro Principal. Proxección do curto “Vés ou non ves?” e posterior coloquio cos e coas protagonistas (19.30 horas). O alumnado do proxecto “Obxectivo Igualdade” do IES Luis Seoane presenta unha película que nos fala dunha relación entre dous adolescentes do centro que comeza con ilusión e felicidade, truncándose ao longo da mesma nunha relación baseada no control. O círculo máis cercano involúcrase nela e desactiva un conflicto que afectaba a todos.
- Salón de actos do Centro Sur. Proxección de “Loitadoras” (20.00 horas). Homenaxe a varias veciñas que, coa narración das súas experiencias persoais, contribuíron á elaboración deste pequeno documental. Ao remate, un coloquio no que participarán as protagonistas. O obxectivo do acto é eloxiar o papel das mulleres do século pasado que contribuíron co seu duro e menosprezado traballo a mellorar as minguadas economías familiares do momento.
- Teatro Principal. Proxección da película “Una mujer en África” a cargo do Cine Club (20.15 horas). Nun conflitivo país do corazón de África viviu María ( Isabelle Huppert ), unha facendeira en cuxa terra se cultiva principalmente café. Ela é unha muller de carácter forte e orgulloso destinada a exercer un control axustado nas súas propiedades. Así, cando se está a piques de explotar no país nunha guerra civil , non dubida en defender a súa colleita con uñas e dentes.
- Centro Sur. Dende o 8 de marzo. Exposición A muller no século XX, da Asociación de veciños Salcedo Norte. A través de 12 carteis, fará un percorrido por algúns dos vellos oficios, a maior parte deles esquecidos na actualidade, desenvolvidos pola muller galega na primeira metade do século XX.
- O venres, 10 de marzo, está previsto no Pazo de Mugartegui, ás 20.00 horas, a conferencia de Jadiyetu El Mohtar Sidahmed sobre “A importancia das mulleres na política. O exemplo da loita por unha Sahara libre”. El é responsable de relacions internacionais da Unicón de Mulleres Saharauis.