Campaña 8 marzo 2019

Marzo, Fervedoiro Feminista

Presentación da campaña gráfica “Dora a desbrozadora”, da que se fixeron carteis, chapas e bolsas.

O venres e sábado 1 e 2 de marzo, II Foro ‘As Mulleres que opinan son perigosas’ no Teatro Principal, en coordinación coa Deputación de Pontevedra. Cultura, deporte, política, actualidade…, non hai tema do que as mulleres non teñamos opinión e neste foro contaremos con mulleres de diferentes xeracións e perfís, todas elas grandes profesionais do periodismo e a escritura que reflexionarán durante dous días sobre a realidade do xornalismo de opinión en España.

A entrada foi de balde ata completar aforo, e contou coa participación de profesionais de renome como Pepa Bueno, Gemma Herrero, Ana Romaní, Tati Moyano, Towanda Rebels, Marta Sanz, Lucía Mbomio, Irene Bascoy, Carmen Magdaleno, Chus Gómez Dorrego, Lorena G.Maldonado, María Xosé Porteiro ..

O Concello facilitou mediante un servizo de transporte en autobús a asistencia á manifestación feminista do 3 de marzo en Lugo. As inscricións realizáronse a partir do 25 de febreiro no CIM.

Dentro do ciclo Contrariadas fíxose o concerto de Martirio e Mónica de Nut o 3 de marzo no Principal e o 14 de marzo ás 20:00 horas na Casa da Luz unha charla da man de Yolanda Díaz Gallego, referente do activismo cultural da emigración galega. Con esta actividade, ademais de recoñecer a súa encomiable labor, pretendemos visibilizar o papel das mulleres maiores que foron quen de desenvolver todo o seu potencial nas circunstancias máis adversas.