As comerciantes, protagonistas da exposición MULLERES DA VILA

Ao longo do mes de marzo desenvólvese en 15 comercios de Pontevedra a campaña MULLERES DA VILA, a segunda edición dun proxecto que quere dar protagonismo a emprendedoras de Pontevedra con motivo da celebración do 8 de marzo, co que se busca visibilizar e homenaxear o traballo de 15 mulleres emprendedoras que dirixen un establecemento en Pontevedra. Esta exposición forma parte do programa de actividades do Concello de Pontevedra con motivo do 8M, Día Internacional da Muller.

A campaña comezou o xoves 10 de marzo coa presentación por parte da concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, da exposición fotográfica colocada nos escaparates dos negocios participantes.

A través das 15 fotografías expostas nos escaparates, preténdese incidir “na coraxe, valentía, vontade, carisma e entrega que están detrás dun labor sen o cal as nosas rúas non terían vida, cor e alegría”, tal e como explicou a concelleira a semana pasada na presentación do proxecto.

Para lograr ese obxectivo, tamén se elaborou un vídeo no que elas mesmas contarán as súas historias, que será difundido a través das redes sociais.

fotógrafa Patricia Maquieira, promotora deste proxecto, sinalaba que esta iniciativa é unha homenaxe ás mulleres empresarias, para tratar as súas historias e ofrecelas nun vídeo no que narran as súas vivencias persoais, mostran as súas calidades e ofrecen consellos a outras mulleres que queiran emprender unha actividade empresarial. Para esta proposta seleccionáronse tanto emprendedoras veteranas como mozas e de diferentes sectores dentro do comercio local.

As imaxes serán as seguintes:

Rúa Cruz Vermella:
– CUADERNA MAESTRA – MARÍA JOSÉ VÁZQUEZ
– LAWEN- ART ESTUDIO – LAURA GALLEGO

Rúa Perfecto Feijoo:
– PELUQUERÍA D`KBEZA – EVA ESTÉVEZ E MARI CASALDERREY

Rúa  San Antoniño:
-FRUTERÍA SONIA – SONIA MIÑÁN

Rúa Javier Puig:
-LIBRERÍA TINTEIRO – ELENA IGLESIAS 

Rúa Gonzalo Gallas:
-LIZ ESPERÓN – ELISABETH ESPERÓN

Rúa Antón Fraguas:
-ESTILOARAMAR – VIVIANA ARAÚJO 

Rúa Loureiro Crespo:
– AQUELARRE – MARÍA DIZ 
-Muebles Qka – CARMEN PEREIRA
-ADMINISTRACIÓN DE LOTERIAS 7 – DORITA – ANA MUÍÑOS

Rúa José Adrio Barreiro:
– MERCERÍA LEMBRANZAS – GUADALUPE BOULLOSA 

Rúa Pintor Laxeiro:
– OLLADAS – CENTRO ÓPTICO – ÁNGELES RIVEIRO 
– NURIA NERGA- NURIA NERGA

Rúa Fray Juan de Navarrete: 
– TON SAC – MARIÁN BARROS 

Rúa Peregrina:
– GRANO DE ORO – ADELA GRANADOS