Programa de actividades do 8 de Marzo, Día internacional da Muller 2024- ÁBRELLE A PORTA AO FEMINISMO

PROGRAMACIÓN:

  • Luns 26 de febreiro 11.00h (ao inicio do Pleno Municipal) lectura do manifesto co gallego do 8 de Marzo,Día Internacional da Muller 2024,a cargo da súa autora, Martiña Alexandra Riobó Touriño, alumna do IES Valle Inclán e presidenta do seu equipo de Igualdade en representación do Consello da Muller Nova do Concello de Pontevedra.
  • Venres, 1 de marzo ás 11.00 h. Despregue da pancarta do 8M « Ábrelle a porta ao feminismo ». Balcón da Casa Consistorial. 
  • Venres, 1 de marzo ás 12.00 horas. Presentación da Campaña do 8 de marzo baixo o lema « Ábrelle a porta ao feminismo », en relación á última enquisa do CIS acerca das percepcións sobre a igualdade entre mulleres e homes realizada en novembro de 2023, segundo a cal un 44,1% dos homes asegura que se chegou demasiado lonxe na promoción da igualdade das mulleres.
  • Xoves, 7 de marzo ás 20.00 horas no Teatro Principal. Cinefórum. Proxección e posterior coloquio sobre o filme “O CORNO” dirixido e escrito por Jaione Camborda que fala da maternidade, os dereitos reprodutivos e sexuais das mulleres e a sororidade desde distintos puntos de vista.
    • O corno fixo historia en 2023 ao ser o primeiro filme galego e en galego en gañar a Cuncha de Ouro do Festival de Donostia e Jaione Camborda converteuse na primeira directora española que recibiu este galardón nos 71 anos de historia do festival, mostra de todo o que queda por avanzar no mundo do cine.
    • Posteriormente haberá un coloquio coa directora, Jaione Camborda, e a especialista en Historia do Cine e xestión cultural e socia de CIMA (Asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais)  Elena García Román e a concelleira de igualdade, Anabel Gulías Torreiro.
    • Entrada libre e de balde ata completar aforo. Apertura de portas do Teatro ás 20.00 horas.
  • Venres, 8 de marzo ás 18.00 horas. Praza de España. Música polo Día Internacional da Muller. Actuación musical das artistas, La Yaya DJ e Señora DJ para ambientar o antes e despois da manifestación feminista, animando a participación sen perder a perspectiva reivindicativa.
  • Venres 16 (de 12.00 a 20.30) e sábado 17 de marzo (de 12 a 20.30). Teatro Principal. VII Encontro das mulleres que opinan son perigosas. Concello e Deputación de Pontevedra apoian esta iniciativa das xornalistas pontevedresas Diana López Varela e Susana Pedeira que nos achegarán o pensamento e o talento de mulleres como Olga Viza, Lucía Méndez, Mariola Cubells, Lula Gómez, Claudia Morán, Carolina Sertal ou Noor Ammar. 

Actividades do 8M dentro do Salón do Libro

  • Luns 4 de marzo: 18.00 h Espectáculo de narración oral Descubrindo magas de Raquel Queizás no Salón de actos, para público familiar 
  • Mércores, 6 de marzo: 18.00 h Sesión de contos e ilustración Que mal día, gato Klops! de Estefanía Padullés na Biblioteca do Salón | A partir de 6 anos
  • Xoves, 7 de marzo: 18.00 h Sesión de contos e música O chintófano de Dorothé de Sonsoles Penadique na Biblioteca do Salón para Público familiar
  • Venres, 8 de marzo. Celebramos (e reivindicamos) o Día da muller
    • 17.15 h Obradoiro Contas moito de Taller Abierto Reservas en info@tallerabierto.gal De 7 a 12 anos
    • 17.15 h Obradoiro de cociña e contos Máxica cociña: superheroínas con mandil de Reviravolta Espazo Gastro. No Recinto feiral | De 4 a 10 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal 
    • 17.15 h Obradoiro de ilustración Un pouco de maxia… e a voar! de Aida Alonso Arkandemia | A partir de 4 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal
    • 17.30 h Contos para bebés Entre contos e cantigas Pavís Pavós na Cova dos Libros Fantásticos | De 0 a 3 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal 
    • 8.00 h Espectáculo de maxia Fábrica de feitizos e igualdade de A Maga Fani no Recinto feiral | Público familiar
    • 19.00 h Obradoiro de videoxogos Mulleres ao poder! de MUVI no Recinto feiral | A partir de 6 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal 
    • 19.00 h Concerto Máxica música de Odaiko no Auditorio | Público familiar Entradas en Ataquilla.com | Prezo: 3€
  • Sábado, 10 de marzo: 11.30 h Gabinete de curiosidades. As cousas que non vemos de Itziar Ezquieta no Recanto de Arte e Maxia | A partir de 5 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal 
  • Venres, 15 de marzo
    • 17.15 h Obradoiro de cociña e contos. Máxica cociña: a receita das bruxas de Reviravolta Espazo Gastro. No Recinto feiral | De 4 a 10 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal 
    • 18.00 h Sesión de contos. Contos de meigas de Paula Carballeira no Recinto feiral | Público familiar
  • Sábado, 16 de marzo:  11.30 h Gabinete de curiosidades. As cousas que non vemos de Itziar Ezquieta no Recanto de Arte e Maxia | A partir de 5 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal
  • Domingo 17 de marzo:
    • 11.30 h Obradoiro de comic. Meigatas de Paula Cheshire no Recanto BD | A partir de 8 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal 
    • 12.00 h Cinema no Principal Nicky, a aprendiz de bruxa de Hayao Miyazaki | Cineclube Pontevedra Teatro Principal | Familias con crianzas + de 5 anos 101 min | Acceso libre ata completar cabida
    • 12.30 h Espectáculo de maxia Magos e magas na literatura de Magia en la Manga no Recinto feiral | Público familiar

Actividades nos centros educativos 

No mes de abril volverán aos centros de Educación Infantil e Primaria do Concello os Contacontos « Somos iguais, contos para a igualdade » despois do éxito de anteriores convocatorias.

Actividades para 2º ciclo de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos de Formación Profesional ao longo dos meses de abril, maio e xuño.

Vanse ofrecer a todos os centros diversas actividades deseñadasen función das idades ás que van dirixidas para traballar temáticas variadas como a formación en valores e actitudes de igualdade libres de estereotipos, a mellora da propia estima, a autonomía de criterio e o pensamento crítico, a identificación das relacións afectivas desde o respecto e a equidade, a prevención da violencia de xénero a través das redes sociais, a educación sexo-afectiva saudable e positiva, a creación de contidos plurais, diversos e igualitarios en redes ou a prevención das violencias sexuais.

  • Obradoiros “Machismo Game Over”, “Xincana da corresponsabilidade” e “Sexualidade con I de igualdade” para Educación Primaria.
  • Obradoiros “Gamers e influencers”, “Hackeando o machismo” e “O buzón vermello” para Educación Secundaria e Formación Básica. Obradoiros “Error 404: Igualdade not found”, “Trivial, canto sabes de educación sexual?” e “Outra charla de igualdade?” para Bacharelato e ciclos de Formación Profesional.

No marco da Escola Feminista da Mocidade (Oficina de Xuventude) vanse celebrar 2 actividades: ( IDADES: preferencia 15-35 anos. As persoas maiores desta idade poden facer a solicitude igualmente) 

  • Curso de historia dos movementos feministas.
    • A Cuarta Ola do movemento feminista. Os movementos feministas ata a actualidade. Ecofeminismos e feminismos interseccionais e poscoloniais.
    • Horario: 17.00-20.00
    • Datas: Martes 12, 19 e 26 marzo 2024
    • Imparte: Iria Vázquez Silva, profesora de Socioloxía da UVigo e experta en xénero
  • Obradoiro “Como axudo? modos de acompañamento nas violencias machistas
    • Modos de acompañamento a afectadas por violencias machistas: estratexias de comunicación. Procesos, achegas e comportamentos para acompañar. Recursos
    • Horario: 10.00-20.00 (con descanso a mediodía)
    • Data: sábado 9 de marzo 2024
  • Preisncrición para ambas actividades en https://apuntate.pontevedra.gal/