Xornadas de Feminismo e Perspectiva de Xénero na Música e Baile Tradicional

A vindeira fin de semana teremos no Centro Sociocultural O Gorgullón (Rúa da Curtidoira, 29) unhas interesantísimas Xornadas sobre Feminismo e Perspectiva de Xénero na Música e Baile Tradicional, organizadas en colaboración coa Asociación Cultural Trépia, e que contará con relatorios a cargo de Marina Vigo, Esther Taboada e Mercedes Peón.

Serán o sábado 22 ás 17.00 h e domingo 23 de novembro ás 12.00 h.

Entrada libre ata completar aforo.