María Besteiros será a protagonista do primeiro encontro do SOFÁ VIOLETA

ÍTACA foi o libro escollido polo club de lectura feminista do CIM para abrir a rolda de encontros entre autoras e participantes deste proxecto.

O acto terá luar no Centro Sociocultural do orgullón o vindeiro 10 de febreiro ás 7 da tarde e nel abordaremos temas como o dó perinatal e a vilencia obstétrica coa autora, a viguesa María Besteiros. Con Ítaca (Xerais, 2025), a súa primeira novela, logrou ser finalista do XLI Premio Xerais de Novela.

Anímate e participa na xuntanza do Club de lectura feminista de Pontevedra O SOFÁ VIOLETA Inscricións en apuntate.pontevedra.gal

María Besteiros (Vigo) é doutora en Filoloxía Galega cunha tese sobre as representacións da maternidade en autoras galegas contemporáneas (2015). Tamén é auxiliar técnica veterinaria. No ano 2003 conseguiu o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón do Concello de Dodro con zoonose. Publicou en obras colectivas e autoeditou o libro-obxecto Nin pombas nin flores (2015). En 2022 publicou o poemario A lista da compra. Na actualidade dedícase á corrección e creación de contido para distintas empresas.