A programación da campaña polo Día Internacional contra as violencias machistas bota a andar a vindeira semana cunha nova edición do Ciclo de Faladoiros Feministas. Baixo o título OUTONO VIOLETA, fixemos unha completa e variada programación de palestras que dará comezo o vindeiro mércores 28 de outubro coa xornalista Esperanza Escribano Claramunt que destapou o primeiro caso documentado en España de intento de asasinato machista a través da ‘deep web’, ocorrido en Pontevedra.

A cita terá lugar na Casa das Campás, ás 19.00 horas, baixo o título ‘Violencia machista na Deep Web. Vivir sabendo que a túa parella quixo matarte’

Entrada libre e de balde ata completar aforo.


