IV edición dos Premios #MulleresQueOpinan

Estes son os artigos galardoados na cuarta edición dos Premios #MulleresQueOpinan, que recaeron en Anusch Lores Lemos polo artigo “Hijas del desgaste” na modalidade en castelán e Rosa Taboada Rey por “A tristura burocrática do amor” na categoría en galego.

Os Premios #MulleresQueOpinan son unha iniciativa promovida pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra á que se puideron presentar artigos de opinión sobre a propia experiencia como espectadora ou asistente, así como as temáticas que nel se abordaron, tanto nos relatorios como nas roldas de preguntas. Os artigos, que tiñan que ser orixinais e escritos por mulleres, podían ser inéditos ou de xornalistas que cubriran as xornadas e publicaran nos medios onde traballan.