A segunda sesión do ciclo de Faladoiros Feministas terá lugar o martes 10 de novembro, ás 19:00 horas, no Edificio Maruxa Mallo, onde se abordará a realidade oculta das violencias que sofren as mulleres con discapacidade e como previlas e aproveitaremos o acto para presentar a ‘Guía de recursos educativos violencia de xénero en mulleres e nenas con parálise cerebral’ editada por ASPACE en colaboración coa Asociación Sexualidad y Discapacidad.
Participarán unha das súas autoras, Rosa Blanco “Meis”, de ASPACE, e Mónica Touriño, xerente de Amencer-ASPACE. Modera a xornalista María Hermida, de La Voz de Galicia.
A violencia sexual contra as mulleres e nenas con parálise cerebral é unha grave vulneración de dereitos humanos. Elas enfróntanse a unha doble invisibilización —por seren mulleres e por ter unha discapacidade— que impide recoñecelas como titulares plenas de dereitos sexuais
e reprodutivos. A Confederación ASPACE ten diversas publicacións que abordan este tema, entre as que destaca a moi interesante Análise situacional das violencias sexuais en mulleres e nenas con parálise cerebral e o PROTOCOLO PARA A ABORDAXE INTEGRAL DE MULLERES CON PARÁLISE CEREBRAL VÍTIMAS DE VIOLENCIA SEXUAL




