Co 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, á volta da esquina, Pontevedra quixo deixar calro o seu rexeitamento á violencia exercida contra as mulleres e reforzar o compromiso pola igualdade. Fíxoo este luns, con motivo do pleno da corporación, no que se leu unha declaración institucional que, nesta ocasión, foi elaborada pola vicedecana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Sonia Vizoso Pérez.
Foi a xornalista pontevedresa Natalia Puga, vogal do colexio, a que puxo voz a un texto no que se pediu a medios e institucións que abandonen os enfoques que banalizan as agresións, eviten culpabilizar ás vítimas e poñan o foco nos agresores. O manifiesto tamén reclamou unha maior formación das e dos profesionais que interveñen no proceso e mais colaboración institucional para contribuir á erradicación destas violencias.








