Dentro das actividades programadas pola Concellería de Igualdade de Pontevedra co gallo do Día Internacional da Muller destaca a realización online dos Faladoiros Literarios Feministas que se poderán seguir a través da páxina web da UNED, previa inscrición gratuíta.
Dúas conversas sobre literatura, mulleres, igualdade, feminismo, memoria e violencias.
- 10 de marzo contaremos con Luz Darriba e Iria Vázquez Silva que presentarán os seus libros “Abril” e “Cómplices. A violencia machista institucional”. Modera a xornalista Ana López Suárez (Faro de Vigo).
- 17 de marzo as convidadas serán Eva Mejuto Rial e Elisabeth Oliveira que presentarán os seus libros “A lavandeira de San Simón” e “Libres e vivas”. Modera a xornalista Sara Vila Alonso (Diario de Pontevedra).
Enlace á inscrición: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/24199