Concurso de TikTok pola igualdade

TIKTOK POLA IGUALDADE é unha iniciativa da Concellería de Igualdade do Concello de
Pontevedra, que consiste nun concurso de vídeos de Tiktok, de creación propia, orientado á promoción da igualdade de xénero e á prevención da violencia de xénero e dirixido a alumnado de 3º e 4º da ESO de calquera dos centros de educación secundaria do concello de Pontevedra.

O obxectivo desta acción é impulsar a reflexión e a conciencia crítica do alumnado ao mesmo tempo que desenvolven a súa creatividade. Inclúe a realización de palestras informativas presenciais nos centros educativos que así o solicitaron, para alumnado e profesorado, nas que se realiza un traballo de concienciación e de sensibilización coas temáticas obxecto do concurso.

Poderase participar individualmente ou de xeito grupal e a data límite para a presentación dos vídeos é o 20 de abril de 2023.

Consulta aquí as BASES do concurso e toda a información para participar:

Acción financiada a cargo dos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de
Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.