Programa de actividades 25 de novembro 2023

Participa!!

  • Xoves 16 de novembro, Inauguración da EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA do Programa Xuntas, na Sala Multiusos do 1º andar do Teatro Principal ás 12.00 horas.

O Programa XUNTAS de empoderamento feminino, dirixido principalmente a mulleres en situación de vulnerabilidade, tivo lugar no 1º andar do CIM todos os martes entre marzo e setembro. Ao longo destes seis meses vintecinco participantes traballaron na adquisición de habilidades e coñecementos para a mellora da autoestima mediante actividades de expresión corporal, teatro, risoterapia, baile, fotografía, técnicas vocais, etc. ao tempo que se favoreceu a creación de redes de apoio entre iguais. Esta exposición fotográfica aberta ao público supón o colofón da actividade e na súa inauguración contaremos coas participantes que o desexen que nos achegarán parte da súa experiencia.

  • Luns 20 de novembro: Despregue dunha lona no balcón da Casa Consistorial ,as 10.45 (Praza de España). A campaña gráfica, que fronte aos discursos reaccionarios negacionistas da violencia machista apela a chamar as cousas polo seu nome desmontando argumentarios falaces desde a pedagoxía mais básica, vai estar nas rúas do Concello en mupis e carteis e faremos camisetas para repartir nas actividades programadas.
  • Luns 20 de novembro: Lectura do Manifesto do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres no Pleno Municipal (11.30h.) cuxa redacción este ano está a cargo de ASOCIM (Asociación de profesionais dos CIM)
  • SÁBADO 25 de novembro FALADOIRO sobre VIOLENCIAS MACHISTAS,ás 13.00 en Santa Clara. Coa cantante ZAHARA e a xornalista Susana Pedreira. Presencial ata completar aforo.
  • Sábado 25 de novembro, CONCERTO RECITAL coa artista NADINE KHOURI.a partir das 17.00 horas en Santa Clara. Presencial ata completar aforo

Desde o Concello faremos difusión e apoiaremos os actos conmemorativos (manifestación, concentracións…) convocados polo movemento feminista, respectando o protagonismo das asociacións. Hai comunicadas:

  • Concentración (por parte da CIG) ás 12h na Praza da Peregrina.
  • Manifestación (por parte de CFP) que sairá ás 20.30h. (Percorrido: praza da Peregrina, rúa Peregrina, Frei Xoan Navarrete, Joaquín Costa, Cobian Areal, Benito Corbal, Cobian Roffignac, Laranxo, Rúa Pasantería, Praza Estrela e Praza da Peregrina) e a colocación dunha mesa informativa na Peregrina desde as 18.00 horas.
  • Domingo 26 de novembro, participación na Andaina Camiño Violeta, organizada por ASAMPO, que este ano sae do concello de Poio (Parque da memoria ás 9.30).

Chega á Praza de España ás 12.30 (hora estimada) e fai percorrido por Michelena, Fernández Villaverde, Soportais, Praza da Ferrería, Paseo de Antonio Odriozola, Laranxo, Praza da Leña, Padre Sarmiento, Gregorio Fernández, Praza da Pedreira, César Boente, Serra, Celso García de la Riega, Rúa da Ponte, San Telmo, Praza do Peirao, Galera, Arcebispo Malvar e regreso á Praza de España. Rematará coa lectura do seu manifesto.

  • Luns 27 de novembro, Camiño Violeta Inverso, para institutos. Ás 9.30 desde a Praza de España.
  • Mércores 29 de novembro ás 11.30, acto de entrega do Premio Ernestina Otero Sestelo 2023 no Teatro Principal. Con actuación de contacontos Cris de Caldas.
  • Sábado 16 de decembro: Obradoiro de Autodefensa para mulleres ante situacións violentas, monitorado por Manuel Herbón, instrutor da Policía Nacional, e a axente de igualdade do CIM.

É un curso de 8 horas (10-14 e 16-20), en sesión de mañá e tarde, e terá lugar na Casazul (Sala Almofrei). A inscrición farase a través da plataforma apuntate.pontevedra.gal Este curso xa se fixo con grande éxito en anos anteriores e un alto grao de satisfacción entre as participantes.