Alumnas/as de Primaria e Secundaria de oito colexios e tres institutos traballaron co fin de desterrar estereotipos e formarse como persoas iguales e libres
Un mural participativo e un vídeo on reflexións das participantes pon o ramo ao programa que promove a Concellería de Educación e Igualdade
Os estereotipos e prexuízos sexistas relacionados co xogo e co amor romántico están espallados e dun xeito acrítico entre os nenos, nenas e adolescentes e loitar contra eles está no ADN do programa nAmorAndo no que participaron escolares de Primaria -298 nenas e nenos- e Secundaria – 127 alumnas e alumnos- e que rematou coa elaboración dun mural partipativo que queda exposto no valado do CEIP Vidal Portela. Un vídeo co proceso creativo do mural e reflexións dos alumnos/as porá o ramo ao proxecto.
A concelleira de Educación e Igualdade, Carmen Fouces, xunto cos responsábeis do programa agradeceron hoxe publicamente, nun acto celebrado no a unha ampla representación de escolares, profesores e nais e pais a súa participación e implicación nun traballo que ten como obxectivo axudar a facer das nenas e nenos futuras mulleres e homes iguales e libres.
Hai xogos de nenos e xogos de nenas, É normal que un rapaz e unha rapaza se namoren nada máis verse, Os príncipes teñen que salvar ás princesas, Xogar as bonecas é de nenas, Un rapaz e unha rapaza poden casar ós poucos días de coñecerse e ser felices, un rapaz ou rapaza valente é aquel que non chora nunca e non ten medo a nada…son exemplos deste estereotipos que asumen dun xeito natural os máis pequenos sobre os que se traballou no programa nAmorAndo que promove a Concellería de Educación e Igualdade.
Pola súa banda constatouse as dificultades que teñen os adolescentes para identificar relacións baseadas na desigualdade e comportamentos violentos. O control permanente a través das redes, a violencia psicolóxica, o control das amizades e mesmo o xeito de vestor ou os ciumes interprétanse moitas veces como sinais de amor e ocurre entre unhas mozas e mozos que, no 70% dos casos, declaran haber tido ou ter relacións de parella.
Escolares de oito colexios participaron no proxecto: Barcelos, Álvares Limeses, Vidal Portela, Príncipe Felipe, San Bieito de Lérez, Vilaverde, Xunqueira I e Xunqueira II xunto con alumnas/os de tres institutos: A Xunqueira I, A Xunqueira II e Sánchez Cantón. En nAmorAndo reflexionouse sobre o amor, os estereotipos, os prexuízos e as relacións en pé de igualdade en varios obradoiros nos centros educativos nos que aproveitouse para recoller datos sobre a visión dos adolescentes e preadolescentes das relacións amorosas.
Conclusións:
- Constatouse un ano máis que son os nenos os que máis problemas teñen á hora de identificar aspectos sexistas e os que lles costa interiorizar máis este tipo de crenzas, polo que debemos seguir traballando nesta liña, facendo especial fincapé neste sector poboacional.
- Chama a atención que se manteña o concepto de valentía asociado a non chorar e non ter medo (concepto que sigue marcando a nosa sociedade e moi prevalente nas familias en xeral), e a idea de que ante o medo o mellor que se pode facer é saír correndo.
- Dende pequenxs xa aparecen estereotipos que marcan a forma de ser homes e mulleres. Así unha das cuestións máis arraigadas entre o alumnado é a idea de que hai xogos que corresponden específicamente as nenas e xogos que corresponden específicamente os nenos. E que os contos, películas, series… continúan traballando en pro dunha concepción do amor, baseada en erros sitemáticos: o amor a primeira vista é algo moi validado polo alumnado, así como o rol do home como salvador da muller, parecéndolles raro que poidera ser ao revés.
- A cuestión que máis prevalece trala intervención é a idea de que pode ser que dúas persoas se namoren e os poucos días casen e sexan felices, un dos moitos conceptos que sustentan o amor romántico