- Alumnas/os de doce centros educativos participarán nas cadeas humanas do centro ue
comezarán ás 11 horas - O alcalde e a concelleria de Educación acudirán a cadea do CEIP de Ponte Sampaio
Os escolares sairán mañá á rúa para formar cadeas humanas co fin de amosar o seu
rexeitamento á violencia de xénero. Irán vestidos de negro, de loito pola violencia contra
as mulleres. A actividade é unha iniciativa da Concellería de Igualdade.
Son doce os centros educativos do casco urbano que participarán nas cadeas humanas:
os IES Xunqueira 1, Xunqueira 2, Sánchez Cantón, Frei Martín Sarmiento e os CEIP
Marcos da Portela, San José, Xunqueira 1, Vidal Portela, San José, Barcelos, Doroteas e
Campolongo, ademais do Sagrado Corazón con itinerario propio e máis o CEIP de Ponte
Sampaio que fará a cadea ao carón do colexio. A esta última cadea sumaranse o alcalde
Miguel Fernández Lores e a concelleira de Educación e Igualdade, Carmen Fouces.