- A Mesa da Violencia fai un chamamento á Xustiza para que participe neste foro plural e
técnico “polo ben da mesma Xustiza e das vítimas” - 79 mulleres están baixo vixilancia policial en Pontevedra
- Os fondos DUSI financiarán un estudo-diagnose sobre a violencia de xénero.
- Fouces: “Non é un problema das mulleres, as mulleres son as vítimas”
A Mesa da Violencia de xénero fixo unha análise polo miúdo do percorrido ue fai unha
vítima dende o momento que enfronta a violencia machista e dos atrancos que atopa no
camiño. Na reunión, presidida pola concelleira de Igualdade, Carme da Silva, estaban
representados o CIM, o Punto de encontro, a Consellería de Educación, a Unidade de
Violencia de Xénero da Xunta, o SEPE (Servizo de emprego), o Sergas, a Policía Local, a
Policía Nacional, a nova Unidade de Violencia da Policía Autonómica, o Centro de
emerxencias para atención das vítimas (Casa de acollida) e do Colexio de Avogados.
Todos eles botaron en falta a presenza dun representante da Xustiza, administración
convidada e que, ao igual que fixo noutras ocasións, non compareceu.
Dende a Mesa fase un chamamento á Xustiza para que participe neste foro “plural e
técnico”, tal como subliña Carme Fouces. A súa participación “inda que sexa só para
escoitar lle vai a ir ben a Xustiza e as vítimas” sinala a concelleira de Igualdade, quen
lembra que esta administración si participa en mesas similares noutros partidos xudiciais.
No Concello de Pontevedra hai 79 mulleres vítimas da violencia machista en seguimento:
37 controladas pola Policía Nacional, 23 pola Policía Local e 19 pola Policía Autonómica
(que estremou unidade de violencia de xénero neste mes de xaneiro).
A Unidade de Violencia de Xénero da Xunta ten contabilizada algunha vítima máis e tenas
cualificadas do seguinte xeito: 23 en risco non apreciable, 40 en risco baixo, 12 en risco
medio e 10 en risco alto.
Durante case dúas horas, fíxose un amplo repaso das dificultades que enfrontan os
distintos servizos vencellados a atención das vítimas da violencia de xénero: dende trabas lexislativas que propoñen mudar (custodia dos menores, axudas económicas…, até
escaseza de recursos ou non de todo axeitados; dende a posta en marcha de novos
protocolos de actuación até as axudas económicas para saír adiante; a necesidade de
maior información e formación dos profesionais que interveñen no proceso de atención,
etc.
Co fin de avanzar na diagnose e combate da violencia de xénero en Pontevedra,
deseñarase un mapa-guía que reflectira dunha maneira clara e documentada o percorrido
que terá que seguir unha vítima da violencia machista – servizos, ubicación, recursos….- a
partir do momento de presentar unha denuncia. A concelleira Carme Fouces marcou o 25
de Novembro (Día contra a violencia de xénero) como data idónea para presentar o
mapa.
Ademais a concelleira informou a Mesa de que o Concello disporá duna partida
orzamentaria significativa dos fondos DUSI para facer “unha diagnose ampla e rigorosa”
sobre a situación da violencia machista en Pontevedra e comparativamente coa nosa
contorna e do nivel de igualdade da sociedade e definir propostas de actuación.
“Hai que empezar a falar da violencia machista doutro xeito” subliña a concelleira de
Igualdade, Carme Fouces, “non é un problema das mulleres, as mulleres son as vítimas e
os que xeran o problema son espectadores”.
É tempo de reflexionar, engade, “as mulleres non podemos botar enriba das nosas costas o peso desta lacra”.