11.00 horas. Teatro Principal.
O Concello convida a todo alumnados e ás veciñas e veciños en xeral a charla que dará a
científica portuguesa Joana Magalhaes, coordinadora dun programa de mulleres
científicas.
A bióloga JoanaMagalhaes traballa dende hai anos na difusión do papel que xoga a
muller no campo da investigación. É a coordinadora do proxecto do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña.
Esta investigadora sinala que, segundo un estudo, non chegan ao 10% as referencias de
mulleres nos libros escolares polo que é necesario facerlles chegar ás nenas e nenos o
traballo que as cientificas, investigadores e estudiosas están a desenvolver no mundo
científico.
Biografía
Rematada a charla terá lugar a estrea en galego da obra “Non é país para conas”,
unha breve representación teatral que reproduce as conversas de tres mulleres. Está
baseada no libro “No es país para coños” de Diana López- A entrada é de balde.
12.00 horas. O Concello fai un chamamento á participación da concentración convocada na praza da Peregrina, en apoio ao paro das mulleres.
13.00 horas. Presentación dos gañadores dos primeiros Premios de Banda Deseñada Virxinia Pereira.