- Critica a presenza de tres mulleres nun conxunto de 16 persoeiros que relatarán as súas experiencias ás novas xeracións de estudantes.
O Consello da Muller Nova de Pontevedra remitiu un escrito á Consellería de Educación para amosar a súa desaprobación “pola desigual elección de persoeiros no proxecto edumotiva”.
Edumotiva pretende dar ao alumnado a adquisición de destrezas vinculadas a xeitos de pensamento ou de traballo e a Consellería escolleu a 16 persoeiros galegos para relatar as súas experiencias profesionais. Entre estes persoeiros só figuran dúas mulleres a xornalista Carla Reyes, a médica e profesora da USC Carmen Vidal, e a delegada de Geriatros, Josefina Fernández.
O Consello da Muller Nova explica no seu comunicado que “notamos un gran desequilibrio entre as diferentes experiencias dispoñibles. Consideramos que tres mulleres nun grupo de 16 persoas resulta totalmente desproporcionado, especialmente cando estes persoeiros están a modo de inspiración para as novas xeracións”.
“Cremos que estas diferenzas amosan á xuventude unha imaxe infravalorada das capacidades das mulleres”, continúan e piden “un reparto que faga visible homes e mulleres de xeito máis equitativo, xa sexa no actual proxecto ou, polo menos, nos vindeiros que agardemos que se realicen no futuro”.