- Nesta segunda parte do mandato, a Concellaría de Igualdade quere darlle maior protagonismo a este órgano, complementario do Consello da Muller.
A Concellaría de Igualdade dalle un pulo e maior protagonismo ao Consello da Muller Nova dentro da política de igualdade do Concello consciente da importancia de atallar a violencia machista traballando nas primeiras etapas da vida. Por iso, este órgano complementario do Consello da Muller xa está a elaborar unha programación da Semana da Igualdade que celebrará entre o 9 e o 13 de outubro. Esta liña de actuación é a plasmación dunha proposta previa do Consello escolar municipal.
Os integrantes do Consello da Muller Nova xa acordaron adicar cada día da Semana da Igualdade a unha actividade concreta, é dicir, un día estará adicado ao deporte, outro á música, outro ao teatro, outro á diversidade sexual… Aínda están por pechar as actividades das diferentes xornadas, pero xa se pode adiantar que está previsto programar obradoiros de música, teatro, competicións deportivas mixta ou unha festa.
As mozas e mozos do Consello da Muller Nova traballan co obxectivo de que o lecer dos máis novos se aborde con criterios de igualdade, de tal xeito que exerzan de verdadeiros axentes de igualdade no entorno da mocidade.
A Concellaría de Igualdade ten claro que o mellor xeito de previr un futuro violento coas mulleres, é ir traballando nas idades temperás