O Consello da Muller Nova convoca un certame de música e outro de teatro para visibilizar a desigualdade de xénero

  • O prazo de inscrición para participar estará aberto do 1 de xullo ao 31 de agosto
  • As pezas musicais terán unha duración máxima de 5 minutos, as teatrais non poderán
    pasar de 15

Co fin de “deslocalizar” a loita pola igualdade – visbilizala máis alá do 8 do 25-N ou do 8-M- dende o Consello da Muller nova decidiuse organizar unha Semana da Igualdade a desenvolver do 9 ao 13 de outubro que incluirá dous concursos: Música pola Igualdade e Teatro pola Igualdade

A concelleira de Igualdade, Carme Fouces, fixo pública a convocatoria ao tempo que anunciaba a apertura do prazo de inscrición para participar nos certames. Estará aberto do 1 de xullo ata o 31 de agosto.

O obxectivo dos dous concursos é visibilizar as desigualdades de xénero. As pezas, musicais que concorran ao certame terán unha duración máxima de 5 minutos e as teatrais non poderán pasar dos 15.

O/a gañador/a do concurso de música será o telonerio do concerto pola Igualdade de outubro e as pezas teatrais serán publicadas na páxina web de Igualdade.

A Concellaría de Igualdade dálle un pulo e maior protagonismo ao Consello da Muller Nova dentro da política de igualdade do Concello consciente da importancia de atallar a violencia machista traballando nas primeiras etapas da vida.

As mozas e mozos do Consello da Muller Nova traballan co obxectivo de que o lecer dos máis novos se aborde con criterios de igualdade, de tal xeito que exerzan de verdadeiros axentes de igualdade no entorno da mocidade.

musica-igualdadeteatro-igualdade