19 de decembro de 2011, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas estableceu a data do 11 de outubro como o Día Internacional da Nena co obxectivo de recordar e difundir a toda a sociedade mundial que ao longo da historia e na actualidade millóns de nenas en todo o mundo sufriron e seguen sufrindo marxinación e pobreza.
As circunstancias das nenas e as mulleres melloraron substancialmente nas últimas décadas. Actualmente, menos mulleres morren no parto, máis nenas acceden aos sistemas educativos, as taxas de matrimonio infantil están diminuíndo, o número de mulleres políticas aumentou e tamén o fixo o número de mulleres que ocupan cargos directivos nas empresas; con todo, malia a evidencia e do longo e difícil camiño percorrido, a igualdade de xénero así como a necesidade de facer forte ás nenas e ás mulleres segue sendo unha promesa incumprida na maioría dos lugares do mundo. E iso, malia os acordos internacionais, os nacionais ou os locais.
Por iso, é necesario facer visibles as necesidades invisibles e denunciar as desigualdades, as diferentes formas de discriminación e abuso que sofren as nenas e poñer de relevo a transcendencia de garantir os seus dereitos.
Na actualidade hai 1.100 millóns de nenas, un poderoso grupo que pode dar forma a un mundo sostible e mellor para todas as persoas. Para iso, é necesario pór en marcha políticas públicas destinadas á protección, a saúde, os dereitos sexuais e reprodutivos, a educación, achegarse ao poder económico e político e a promoción dos dereitos das nenas, pois é unha cuestión esencial de xustiza e igualdade.
Os retos e problemas fundamentais como a pobreza, os matrimonios precoces, a educación, a desigualdade ou a violencia contra as mulleres requiren de accións que inclúan metas fundamentais para conseguir a igualdade de xénero e reforzar a participación das mulleres e as nenas.
Por todo iso, os Gobernos Locais reunidos na Federación Española de Municipios e Provincias desexan realizar un chamamento para que se sumen á conmemoración do Día Internacional da Nena e a traballar pola defensa dos dereitos das nenas en España e o mundo.
Recordando a frase de Kofi Annan, exSecretario Xeral da ONU que proclamou unha verdade irredutíbel e atemporal, “a igualdade das mulleres debe ser un compoñente central en calquera intento para resolver os problemas sociais, económicos e políticos”, instamos ás Entidades Locais a activar accións concretas que promovan a participación das nenas nas decisións que afectan ás súas vidas.