Formación orientada persoal técnico de deportes e da actividade física, monitorado deportivo, adestradores e adestradoras, etc..
Contidos:
– As escolas deportivas municipais: a situación de mozos e mozas no deporte
– Analizando a rede de axentes: o papel da familia, da escola e dos medios de comunicación
– Boas prácticas: campañas específicas; decálogo de valores; referentes igualitarios
– Fomento da igualdade: como traducir a teoría en práctica
Imparte: Iria Vázquez Silva, socióloga experta en xénero
Datas: sábados 22, 29 setembro e 6 outubro
Horario: 10:30 – 13:30h.
Cota: 0€ (custo real da praza 45€)
Duración: 12 horas (9 h presenciais e 3h traballo práctico)
Información e inscrición:
Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra
Casa da Luz, 1º andar
986 840367