Esta semana puxéronse en marcha os dous primeiros cursos do Plan de formación laboral do Concello de Pontevedra, Actividades auxiliares de almacén e o próximo día 10, arrancarán os de Atención á infancia, monitorado de ocio e tempo libre e Atención sociosanitara a persoas dependentes en institucións sociais (dous para cada especialidade). As seis accións formativas súmanse aos seminarios sobre Viticultura, enoloxía e cata.
Todos os cursos van dirixidos a persoas menores de 30 anos e inscritas no sistema de garantía xuvenil. O alumnado destes cursos homologados e con titulación habilitante percibe unha bolsa durante o tempo de formación de 15 euros ao día, o que lles suporá 330-350 euros ao mes.
• Actividades auxiliares de almacén. Dous cursos. 15 alumnos/as por curso. 370 horas (on line e presenciais, 220 máis 150 horas de práctica). Comezaron 3 de setembro
• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións socias. Dous cursos. 15 alumnos/as por curso. 530 horas de formación (on line e con clases presenciais, 370 horas teóricas máis 80 horas de prácticas). Comezan o 10 de setembro
• Atención á infancia, monitorado de ocio e tempo libre. Dous cursos. 15 alumnos/as por curso. 360 horas de formación (on line e presenciais, 210 teóricas máis 150 horas de prácticas). Comezarán o 10 de setembro
Aínda quedan prazas para estes cursos, as persas interesadas deben cubrir a seguinte SOLICITUDE: http://www.proxectoiles.eu/PONTEemprego/ILES_VI/Fichas_especialidades/Solicitude %20Cursos.pdf e adxuntar a documentación solicitada e presentala en ILES VI – CONCELLO DE PONTEVEDRA na Casa da Luz do Concello de Pontevedra, sito na Praza da Verdura – Pontevedra