No marco da ESCOLA MUNICIPAL DE IGUALDADE PARA A MOCIDADE, Formación en xénero e promoción da igualdade entre mozas e mozos vaise realizar o OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA E AUTOIMAXE “NAMÓRATE DE TI”, un obradoiro práctico de autoestima e empoderamento a través da fotografía.
Contidos:
-
Autoestima e autoxestión do estrés. Autocoidado e autorresponsabilidade
-
Expresión a través da arte: corporal, escrita, verbal…
-
Autoconcepto e autoaceptación. Dinámicas motivacionais
-
Sesións fotográficas de empoderamento
LUGAR |
DATAS E HORARIO |
PRAZAS |
COTA |
DURACIÓN |
Casa Azul |
Martes e xoves 16, 18, 23 e 25 outubro Horario: 10-13h |
15 |
0€ (custo real da praza 120€) |
12 horas |
Imparten: Tegra Gómez, Patricia Maquieira e Cristina Fariñas do Proxecto “Namórate de ti ” que ten obxectivo o autocoñecemento e o empoderamento.