O pasado sábado 6 de outubro tivo lugar no Pazo da Cultura o acto de entrega dos Premios Ernestina Otero Sestelo 2018, no marco co I Congreso de Igualdade do Consello da Muller Nova.
Nesta convocatoria resultaron galardoados os seguintes centros:
– Categoría A. Educación Infantil e Primaria
- 1º Premio. “Contos de mulleres. Como son elas na vida real?” do CEIP San Martiño de Salcedo, por traballar a perspectiva de xénero nas aulas de infantil a través dos contos, analizando os distintos roles e características de protagonistas femininas e masculinos, fomentando o espírito crítico ante os estereotipos de xénero e por aplicar o método científico en alumnado de 5 anos
- 2º Premio. “Mulleres que contan: historias de mulleres que non son de conto pero que son de contar” do CEIP San Martiño de Salcedo polo traballo feito por mobilizar a toda a comunidade educativa, especialmente ás familias, na recuperación e visibilización das aportacións das mulleres en todos os ámbitos empregando unha metodoloxía activa, interdisciplinaria e de traballo cooperativo.
-Categoría B. Educación Secundaria en post obrigatoria non universitaria
- 1º Premio. “NEOFEM Luis Seoane” do IES Luís Seoane de Monte Porreiro por ser un proxecto que abrangue unha ampla variedade das actividades rea lizadas por iniciativa do propio alumnado, ter conseguido asentarse como unha organización permanente cunha presenza continuada na vida do centro ao longo do curso e proxectarse aos cursos seguintes, pola visibilización de formas de violencia e discriminación que estaban normalizadas dentro das propias aulas, a labor de concienciación e educación realizada dentro da comunidade educativa e a difusión do proxecto a través das redes sociais.
- 2º Premio. “Táboa periódica de mulleres. Menudas elementas” do IES Torrente Ballester pola implicación e participación activa de todo o alumnado e profesorado da ESO, de todos os cursos e materias, por dar a coñecer a aquelas mulleres que contribuíron nos distintos ámbitos do coñecemento e das artes, por concienciar da presencia das mulleres como elemento transformador da sociedade de calquera época ou tempo, rompendo con estereotipos sexistas e valorando as achegas das mulleres, pola difusión pública do proxecto a través das redes sociais e a orixinalidade do produto educativo final.
- Accésit. “Elas pintan na arte” do IES Frei Martín Sarmiento polo traballo de rescatar e dar a coñecer as mulleres creadoras que tradicionalmente foron invisibilizadas nun sector tan masculinizado como o artístico, a variedade das actividades realizadas e pola permanencia do proxecto ao longo do curso e a súa proxección de continuidade en varios cursos académicos seguidos.