25-N: Inauguración da Exposición fotográfica “Namórate de ti”

Martes 13 de novembro, ás 17.00 horas, na Casa da Luz.

A exposición poderá visitarse na Casa da Luz ata o domingo 25 de novembro, en horario de luns a sábado de 9:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30 e domingo de 10:00 a 14:00 horas.

O Obradoiro “Namórate de ti” fíxose no marco da Escola de Igualdade para a Mocidade a proposta do CIM.

Foi un interesante obradoiro de autoestima e empoderamento a través da fotografía no que as asistentes traballaron contidos como a autoestima, a autoxestión do estrés, o autocoidado, a expresión a través da arte corporal, escrita, verbal…, a autoaceptación.

As imaxes son resultado deste traballo e exhibiranse acompañadas dun texto explicativo de cada autora.

namorate