Programación do 11 de febreiro, ‘Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia’

O próximo 11 de febreiro, co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, Pontevedra reivindicará o papel das científicas con dous actos abertos á cidadanía, un pensado para a comunidade escolar e outro para público adulto, nos que se darán cita cinco galegas, todas elas científicas recoñecidas que teñen currículums espectaculares con diferentes premios como o María Josefa Wonenburguer, Mellor Investigadora Moza de Europa ou o L’Oreal- UNESCO entre outros.

As actividades programadas son:

  • 12:30h. no Salón de Actos do Pazo da Cultura, ‘Videoconferencia de Begoña Vila con estudantes’. Principalmente concertado con alumnado de últimos cursos de primaria e secundaria, estará tamén aberto ao público ata completar o aforo.
  • 20:00h. na Casa das Campás, mesa redonda ‘Muller e ciencia’. Aberto ao público en xeral contará coa presenza de Vanessa Valdiglesias, Elena Vázquez Cendón, Isabel Pastoriza Santos e Alicia Estévez Toranzo.

O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia procura que se asuma o compromiso de poñer fin aos prexuízos, a que se inverta mais en educación en CTIM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) para todas as mulleres e as niñas e a que se lles ofrezan oportunidades de mellorar as súas perspectivas de carreira e o seu desenvolvemento profesional a longo prazo, para que todas aa sociedade poida beneficiarse das súas innovadoras contribucións no futuro.

Programa-mulleres-na-ciencia