A concelleira de Igualdade e Cultura, Carme Fouces, presentou o segundo concerto do ciclo ‘Contrariadas’ e avanzou parte das actividades do Concello de Pontevedra para o próximo mes.
O concerto ‘Contrariadas’ de Martirio e Mónica de Nut terá lugar o 3 de marzo no Principal e abrirá o programa ao redor do 8 de Marzo.
Dentro do ciclo Contrariadas, poderemos gozar tamén o 14 de marzo ás 20:00 horas na Casa da Luz dunha charla da man de Yolanda Díaz, “unha muller brava, vencellada ao nacionalismo e á figura de Castelao, pertencente a unha familia de ideoloxía republicana represaliada tras a Guerra Civil.
Estas serán so as primeiras das actividades que promoverá o Concello no mes das mulleres, xa que están pendentes de presentar a cartelaría e merchandising para o 8M e un programa coordinado coa Deputación de Pontevedra que se coñecerá nos próximos días.
O Concello facilitará mediante un servizo de transporte en autobús a asistencia á manifestación feminista do 3 de marzo en Lugo. As inscricións realizaranse a partir do 25 de febreiro no CIM.
Ao longo do mes, no que a concelleira agarda poder anunciar o 4º Plan de Igualdade, xa que “os traballos van a bo ritmo pero son traballos complexos”, retomarase nas parroquias o ‘Somos quen’ que oferta cursos para as mulleres no rural e o plan de feminización dos espazos públicos da cidade, dentro do que haberá un acto de homenaxe a unha figura feminina aínda por coñecer.