A Concellaría de Igualdade de Pontevedra freta un autobús gratuíto á manifestación feminista do 3 de marzo en Lugo. As interesadas deben inscribirse antes do 27 de febreiro.
Saída: ás 8.30 da Capela de San Roque (1ª parada) e ás 8.45 no Mercado de Abastos (2ª parada)
Regreso: ás 16.00 horas. Informarase do lugar de recollida no propio autobús.
Inscricións nas oficinas do CIM de luns a venres de 09.00 a 14,00 horas ou por correo electrónico (igualdade@pontevedra.eu), deixando os seguintes datos: Nome e apelidos, DNI, enderezo, idade, teléfono e correo electrónico.
As mozas menores de idade deberán ir acompañadas por unha maior e presentar autorización materna/paterna acompañada de copia de DNI.
Prazas limitadas. Asignaranse por estrita orde de inscrición.
Prazo de inscrición: do 22 ao 27 de febreiro de 2019.
Finalmente, dende o Concello de Pontevedra queremos animar a toda a cidadanía a participar nesta manifestación co fin de reivindicar os dereitos das mulleres, a defensa dos conquistados e a loita polos que quedan por lograr.
Acción financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade.