‘Invisibles’ de Redrum Teatro acada catro finalistas nos XXIII Premios de Teatro María Casares, galardóns do teatro galego organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) que este ano celebrarán a súa gala o 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña.
‘Invisibles’ competirá nos apartados de dirección, adaptación-tradución, iluminación e actriz secundaria (Mela Casal).
Na Concellaría de Igualdade estamos moi orgullosas deste recoñecemento a un proxecto moi querido por nós por todo o que significa na loita contra a violencia machista.
Parabéns e recoñecemento para todas e cada unha das personas que formades parte, dun xeito ou doutro, de “Invisibles”.
#ninunpasoatras #contraaviolenciamachista #invisibles #cimpontevedra #pontevedrate