Conferencia de Yolanda Díaz Gallego

No marco das actividades relacionadas co Día Internacional da Muller, a Concellería de Igualdade organiza este encontro-entrevista con Dona Yolanda Díaz Gallego, referente do activismo cultural da emigración galega que conversará con María Xesús López Escudeiro.

Con esta actividade, ademais de recoñecer a súa encomiable labor, pretendemos visibilizar o papel das mulleres maiores que foron quen de desenvolver todo o seu potencial nas circunstancias máis adversas.

O acto terá lugar mañá xoves 14 de marzo ás 20.0 horas na Casa da Luz