Novo roteiro teatralizado do programa A memoria das mulleres

Rúas con memoria é o roteiro teatralizado que terá lugar o domingo 31 de marzo. Sairá da Deputación de Pontevedra a partir das 19.00 horas e pasará tamén pola parte traseira da Audiencia Provincial, a praza da Peregrina e os Soportais.

As prazas son limitadas para maiores de 12 anos e as inscricións faranse no enderezo patrimoniocultural@pontevedra.eu.

Rúas con memoria forma parte do programa A memoria das mulleres e é un proxecto colectivo liderado pola Concellería de Patrimonio Histórico no que colaboran a Aula Municipal de Teatro, o Aula de Teatro CIM-Pontevedra, Os Algures, Avelaíña Teatro, Mulleres Solimán e a Aula Teatral do IES Sánchez Cantón. Está dirixido por Anxo Lourido e guionizado por Montse Fajardo.