‘Invisibles’ volta ao Teatro Principal

Logo de gañar 3 premios María Casares á mellor dirección, iluminación e guion, esta coprodución do Concello de Pontevedra e Redrum Teatro Compañía regresa ao escenario da súa estrea.

O espectáculo, que se basea na obra “Invisibles, relatos do maltrato” da xornalista Montse Fajardo, estará no Teatro Principal o vindeiro xoves 2 de maio ás 21.00 horas.

Venda anticipada de entradas na Casa da Luz e Ataquilla.com e de non esgotarse, unha hora antes na billeteira do Principal. Prezo 8€+ gastos. (4€+ gastos para estudantes, parados e xubilados)