PROGRAMACIÓN DO CICLO FLOP CINEMA 2019

O FLOP CINEMA, do martes 28 ao sábado 1 no Teatro Principal é unha escolma do cinema máis clásico ao máis actual realizada por Cineclube Pontevedra, Novos Cinemas, FIC Bueu, Pinto e Maragota e Asociación Avante que tratan cuestións diversas como 5 días na vida dunha muller transexual (‘Un ano con 13 lúas’ – 1978), a relación de dúas xitanas lesbianas (‘Carmen y Lola’)  ou o sida en ‘120 pulsacións por minuto’.

A identidade de xénero na adolescencia será a protagonista das curtas seleccionadas polo FIC Bueu, dúas delas de xénero ficción – unha de animación e outra de imaxe real – e a teceira documental.

Sobre ‘Puta e amada’ Suso Novás apuntou que “vai na liña editorial do festival e cun punto almodovariano é un filme divertido e vodevilesco que permite ensalzar as pelis de baixo presuposto e unha apertura para a sociedade que non quere entender a diversidade”

Martes, 28 de maio ás 20,30 h UN ANO CON TRECE LÚAS (Alemaña 1978, 124´, VOSE) Rainer Werner Fassbinder. En colaboración co Cineclube Pontevedra

Mércores, 29 de maio ás 20,30 h PUTA Y AMADA (España 2018, 62´) Marc Ferrer. En colaboración co Novos Cinemas

Xoves, 30 de maio ás 20,30 h CURTAMETRAXES DIVERSAS (70´) Selección a cargo de FIC Bueu

Venres, 31 de maio ás 20,30 h CARMEN Y LOLA (España 2018, 105´) Arantxa Echevarría. En colaboración con Pinto e Maragota, programa municipal para a diversidade sexual

Sábado, 1 de xuño ás 20,00 h 120 PULSACIÓNS POR MINUTO (Francia 2018, 145´, VOSE) Robin Campillo. En colaboración con Avante Pontevedra