A concelleira de Igualdade Carme Fouces, presentou o pasado martes unha batería de actividades en torno á celebración do 28 de xuño, Día do Ogullo LGTBI.
Carme apuntou a existencia no Concello de Pontevedra dun programa estable e con continuidade como é o ‘Pinto e Maragota’ sobre a diversidade sexual que programa encontros, actividades con centros escolares, divulgativas, etc. tales como os Faladoiros que se van realizar en xuño.
Os seguintes faladoiros, dos que formarán parte xornalistas que representarán medios locais, terán lugar todos o xoves de xuño ás 20:30h. na Casa da Luz.
Xoves 6 de xuño
Faladoiro diverso:
“A diversidade de xénero na infancia e na adolescencia”, a cargo de Inés del Río, Pediatra.
Xoves 13 de xuño
Faladoiro diverso:
“Diversidade sexual e discapacidade intelectual: dereitos sexuais en propia voz”, Equipo DES grupo LGTBI de persoas con diversidade cognitiva
Xoves 20 de xuño
Faladoiro diverso:
“Informar na diversidade”, debate sobre o papel dos medios de comunicación no camiño cara a visibilización e dignificación do colectivo LGBTIQ+.
Xoves 27 de xuño
Faladoiro diverso:
“Políticas LGTBIQ+, a igualdade é posible”,a cargo de representantes dos diversos grupos parlamentarios galegos.