No marco das actividades do Consello da Muller Nova, estanse a realizar diversas Charlas-Conferencias nos centros que participan.
Nesta semana, o CPR Calasancio e os IES Luís Seoane, Torrente Ballester, Xunqueira II, Sánchez Cantón e Xunqueira I contarán coa presenza de Amada Traba Díaz, profesora da Universidade de Vigo e escritora e da pedagoga e axente de igualdade Raquel González Ferrón.
Estas actividades fináncianse con cargo aos créditos recibidos do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade.