O vindeiro sábado 1 de xuño celebrarase na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura o II Congreso de Igualdade do Consello da Muller Nova (CMN), dirixido principalmente a alumnado e profesorado dos centros de ensino secundario do concello que xa participaron ou queiran formar parte do Consello e ao resto da comunidade educativa interesada.
O Congreso consistirá no intercambio de experiencias, distintas poñencias e charlas-coloquio e, o máis importante, a exposición por parte das e dos protagonistas do traballo feito nos centros de ensino participantes no Consello da Muller Nova (CMN). E, para poñer o ramo, contaremos cunha actuación musical sorpresa.
A inscrición pode facerse no mail igualdade@atlanticponte.com, pero non é necesaria. A entrada é libre ata completar aforo.
Esta actividade finánciase con cargo aos créditos recibidos do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade.