O vindeiro xoves 20 de xuño celebramos un novo faladoiro diverso que esta vez versará sobre o papel dos medios de comunicación no camiño cara a visibilización e dignificación do colectivo LGBTIQ+, baixo o título “Informar na diversidade”
Na Casa da Luz ás 20.30h (Praza da Verdura s/n)
Intervirán Martina González Veiga (Radio Galega), Mª Xesús Gómez (Diario de Pontevedra), María Hermida (La Voz de Galicia), Susana Regueira (Faro de Vigo), Alejandro Espiño (Pontevedra Viva) e Ramón Mella (Radio Pontevedra – Cadena Ser)