Día Internacional do Orgullo LGBT

O Orgullo LGTB xorde como unha resposta política fronte aos mecanismos que o sistema patriarcal emprega contra quen se “desvía” da heteronormatividade: vergonza, acoso, exclusión, agresións físicas…

Este ano os actos do Día do Orgullo LGBT 2019 conmemoran o 50 aniversario dos disturbios de Stonewall (1969), que marcaron o inicio do movemento de liberación LGBT pola libre orientación sexual.

Medio século dunha loita que posibilitou a formación dunha comunidade unida e combativa contra as barreiras e discriminacións que afectan ás persoas que defenden a diversidade sexual, ou que se identifican como gais, lesbianas, trans, bisexuais, intersexuais….

Hoxe segue a ser preciso esixir o dereito de todas as persoas a vivir en liberdade sexa cal sexa a súa opción afectiva e sexual, a identificación co rol de xénero ou a súa identidade.