Vermús de Pinto e Maragota

Este sábado 20 de xullo arrancan os “Vermús de Pinto e Maragota” na Praza de Méndez Núñez, a partir das 12.30 que estará adicado á música e danza pola diversidade, coa proposta de danza contemporánea “Desafía o movemento” a cargo de Xiana Vilas e Isabel Sánchez e sesión DJ con Moreno Moreno.

Animádevos a participar neste vermú, con prezos especiais nos bares da praza, e no resto das actividades do programa, co que pretendemos reivindicar e visibilizar a diversidade sexual e o enriquecemento que supón para toda a sociedade.