Voluntariado do Punto Morado nas Festas da Peregrina

Dende a Concellería de Igualdade poñemos en marcha unha campaña contra as violencias machistas durante as Festas da Peregrina.

Instalaremos un punto morado atendido por dúas profesionais no entorno da Praza da Peregrina para dar información e atender ás posibles vítimas de agresións machistas e a maiores faremos campaña de conciación e información polas rúas da man de grupos de voluntarias.

Se queres colaborar como voluntaria nesta campaña, e aportar o teu gran de area por unha Pontevedra libre de violencias machistas, podes inscribirte por correo electrónico en asistogal@gmail.com ou por teléfono/whatsapp no 682660580.

O próximo mércores 7 de agosto impartirase un curso de formación para as voluntarias de 3 horas de duración en dous horarios a escoller: de 10.00 a 13.00 h. ou de 17.00 a 20.00 h.

Por unha Pontevedra en igualdade libre de violencias, tod@s sumamos!