Coas violencias machistas, nin de broma

O vídeo co lema ‘Coas violencias machistas, nin de broma’ e que remata coa rotunda mensaxe “Metede isto na cabeza: sen o meu si, non” será dinfudido en tódolos concertos e eventos que se celebren durante as festas co obxectivo de facer concienciación e previr agresións e abusos sexuais.

Esta iniciativa enmárcase dentro da campaña municipal de información e concienciación en materia de igualdade e de prevención contra as violencias machistas e especificamente contra a violencia sexual e busca implicar a toda a sociedade.

Enlace ao vídeo da campaña ‘Sen o meu si, non’: https://www.youtube.com/watch?v=fy-Ti752UrY&feature=youtu.be