Material da campaña “Sen o meu si, NON”

A Concellería de Igualdade levará a cabo o reparto de dípticos con información sobre violencia sexual, tanto polas rúas como no edificio do Concello e na súa páxina web, os centros de saúde e noutros lugares públicos onde exista elevada concorrencia de público.

O díptico explica a diferencia entre agresión e abuso sexual e lembra que nun encontro sexual sempre é preciso o consentimento, matizando aspectos como que a ausencia dun non explícito non significa un si ecomo tampouco o é o silencio, non respostar, a indecisión ou estar baixo os efectos das drogas, o alcohol e en situación de inconsciencia.

O díptico tamén reflicte algunhas conductas normalizadas que supoñen micromachismos e ás que temos que poñerlles freo, así como pautas que a cidadanía debe seguir para axudar a unha muller que se atope en situación de perigo ou cando nos atopemos cunha situación de agresión ou abuso sexual, e indícanse os teléfonos dispoñibles para recibir información e denunciar.