Volven os vermús de Pinto e Maragota

Este sábado 24 de agosto haberá nova sesión de vermú diversx organizado polo Programa Pinto e Maragota, esta vez na Praza da Verdura a partir das 12.30h.

Nesta ocasión, e como reivindicación da cultura drag, o colectivo pontevedrés “Marikas x la fiesta” realizará unha desenfadada e participativa performance, que contará tamén coas actuacións dos Drag Queens “Punto G” e “Nosolojavi”, o drag King “Niko Elsker” e a música DJ de “Nano”.

Humor e reivindicación para un vermú do máis diverso 🏳️‍🌈🍸.