A familia de Sonia Iglesias convocou unha manifestación para hoxe venres, 30 de agosto, tras cumprirse nove anos da súa desaparición, que sairá ás 21.30 horas da Praza da Ferrería e discurrirá polas rúas do centro con parada na tenda na que traballaba, en Benito Corbal.
Con esta manifestación preténdese “reivindicar máis axuda para atopala” e lembrar que “continúa en paradoiro descoñecido desde o 18 de agosto de 2010”.
O pasado 18 de agosto cumpríronse nove anos sen respostas nen avances policiais nunha investigación que está arquivada provisionalmente pola Xustiza.
Desde o CIM e a Concellería de Igualdade apoiamos esta manifestación en recordo da nosa veciña e queremos facer chegar a nosa solidaridade e cariño á familia e amizades de Sonia, agardando que pronto se resolva este caso e haxa respostas a tantas incertezas.
TODAS SOMOS SONIA