A Xunta de Goberno local manifesta publicamente a súa repulsa polos tres asasinatos machistas cometidos onte en Valga. O Concello de Pontevedra participará na concentración institucional convocada para hoxe martes ás 12h diante da Subdelegación do Goberno.
A portavoz do Goberno municipal demandou “medidas políticas e orzamentarias” encamiñadas a impedir a violencia e os asasinatos machistas, por considerar que as concentracións, aínda que necesarias, deben ir acompañadas de medidas efectivas e reais que atallen e preveñan a violencia de xénero e as súas consecuencias.