O 23 de setembro conmemórase o Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos, instaurado en 1999 pola Conferencia Mundial da Coalición Contra o Tráfico de Persoas en coordinación coa Conferencia de Mulleres que tivo lugar en Dhaka, Bangladesh.
Coa conmemoración deste día denúnciase que a trata de persoas constitúe o negocio transnacional máis lucrativo despois do tráfico de drogas e de armas, no que mulleres, nenas e nenos son utilizados como mercancías para o consumo, a través das redes de trata que as someten a réxime de escravitude e á explotación sexual.
Para conmemorar este día, o Concellería de Igualdade organizou o pasado 13 de setembro a presentación do documental “El proxeneta. Paso corto, mala leche” na sede de Afundación en Pontevedra, que estivo seguida dun coloquio coa directora da obra, Mabel Lozano.