Proxección do documental “El proxeneta” de Mabel Lozano

Pontevedra acolleu o pasado venres 13 de setembro no auditorio de Afundación a proxección de “El proxeneta. Paso corto, mala leche”,seguido dun coloquio no que participou a directora do documental, Mabel Lozano.

A Concellería de Igualdade organizou este acto en colaboración co Colectivo Feminista Pontevedra como parte dos actos de conmemoración do 23 de setembro, Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Mulleres, Nenas e Nenos, co obxectivo de concienciar e denunciar esta realidade que sofren as mulleres en todo o mundo e supón a violencia de xénero máis extrema.

Despois da proxección do documental, á que asistiron a Presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a subdelegada do goberno en Pontevedra, Maica Larriba e que contou cun cheo absoluto, realizouse un coloquio no que participaron a propia Mabel Lozano, a concelleira Paloma Castro e a representante do Colectivo Feminista, Cintia Piña.

“El proxeneta” está baseado nunha historia real que a propia autora relata no libro do mesmo nome e que traslada á pantalla a evolución da trata en España desde os anos 80 contándoa en primeira persoa a través dun home que durante anos dedicouse á explotación de mulleres en prostíbulos e que chegou a traficar con más de 1.700.