Escola Feminista para a Mocidade

Este ano, os cursos que oferta a Escola Feminista para a mocidade son:

  • MEDIACIÓN EN IGUALDADE E NOVOS FEMINISMOS
  • CURSO DE ORATORIA DENDE A PERSPECTIVA DE XÉNERO: PERDENDO O MEDO A FALAR EN PÚBLICO
  • OLLADAS FEMINISTAS: OBRADOIRO CRÍTICO A TRAVÉS DE PRÁCTICAS ARTÍSTICAS E TEATRO DXS OPRIMIDXS
  • OBRADOIRO DE AUTODEFENSA FEMINISTA E EMPODERAMENTO
  • NA PROCURA DE MASCULINIDADES DISIDENTES: OUTRA MANEIRA DE SER HOME

A Escola Feminista para a mocidade é un espazo de formación, encontro e reflexión colectiva con perspectiva feminista, organizada pola Concellaría de Xuventude. Trátase dunha formación totalmente gratuíta dirixida preferentemente a mocidade entre 15 e 35 anos, mais tamén a outros grupos de idade que poden acceder aos cursos a través da listaxe de agarda no caso de prazas vacantes.

As pre-inscricións poden facerse a partir do 14 de outubro en http://apuntate@pontevedra.gal