MEDIACIÓN EN IGUALDADE E NOVOS FEMINISMOS

Queres saber máis de igualdade e feminismo? Anótate ao curso de “Mediación en igualdade e novos feminismos” que organiza a Escola Feminista para a Mocidade da Concellaría de Xuventude de Pontevedra
É unha formación gratuíta de axentes educativos para a prevención da violencia machista e promoción da igualdade dirixida a mozas e mozos maiores de 15 anos que terá lugar os xoves 31 de outubro, 7, 14 e 28 de novembro e 5 e 12 de decembro en horario de 17.00 a 20.00 horas.

Imparte a recoñecida socióloga experta en xénero Iria Vázquez Silva.

Contidos:
1. As orixes da desigualdade: o concepto de patriarcado.
2. O desenvolvemento do concepto xénero. A segunda onda do movemento feminista
3. Prevención en violencia de xénero. O concepto de Feminicidio e a violencia machista institucional
4. Mediación en Igualdade en distintos contextos educativos. Recollida de boas prácticas
5. Novos Feminismos: Feminismo Queer; Feminismo Intercultural. Ecofeminismo e Feminismo antiespecista

Inscricións en:
https://apuntate.pontevedra.gal/mediacion-igualdade-novos-…/